20.2.14

Cicloxénese humorística

A rede asolágase de orixinais alusións ao mal tempo deste inverno en Galiza

 As cicloxéneses explosivas deixaron vento, choiva, ondas e neve en abundancia, pero tamén fortes doses de humor. Os galegos, ante o tren de borrascas que ata este fin de semana non dera tregua algunha en dous meses, tiraron do enxeño e encheron as redes sociais de montaxes de fotos e textos alusivos ao mal tempo e cos que poder rirse da choiva.


Os tacóns-aleta ou o porco-peixe. As redes sociais inundáronse de fotografías e montaxes cos que rirse do mal tempo. As fochancas son tan grandes en Ferrol que ben se podería organizar un campionato de pesca, e os animais empezan a mutar con tanta choiva. Facer o Camiño de Santiago tamén se complica.