4.12.13

¿O galego é unha lingua?

O Ministerio de "Economía e competitividad" rexeita solicitudes de becas por estar os certificados escritos en galego

A pregunta non é retórica. ¿Que vén sendo a lingua galega para o Ministerio de «Economía y Competitividad» cando decide rexeitar solicitudes de universitarias-os galegos para dispoñeren dunha bolsa predoutoral, por esas solicitudes cometeren o grave pecado de incluíren certificados de estudos en galego? ¿Un refugallo? ¿Un resto antropolóxico en vías de extinción?