11.12.13

O departamento de Orientación do IES Elviña intervén coas familias do centro

Enmarcado nos Contratos Programa da Consellería de Educación, dentro da liña de INTERVENCIÓN COAS FAMILIAS, veñen desenvolvéndose neste primeiro trimestre, unha serie de iniciativas encamiñadas a aproximar o instituto, á realidade de nais e pais pertencentes a súa comunidade educativa.
Estas actuacións, coordinadas pola profesora María Ares Chao e dirixidas por Silvina Paricio Tato, Orientadora do centro, tiveron unha das súas concrecións en dúas visitas ao poboado das Rañas en colaboración cos compañeir@s do Servizo do Voluntariado da Universidade da Coruña, coa que mantén reunións periódicas o departamento de Orientación.
Bienvenido, coas súas netas e netos. Alumando do Instituto Plurilingüe
de Elviña. Á dereita da foto, Eduardo Dopico Prego, educador social e
colaborador da Aula de Orientación Educativa do centro escolar. Á esquer-
da un voluntario de Arquitect@s sen Fronteiras, ONG colaboradora do Ser-
             vizo de Voluntariado da Universidade da Coruña. 01/11/2013
María e Águeda, profesoras de apoio do Instituto Plurilingüe de Elviña,
Eduardo, educador social, tres voluntari@s do Servizo de Voluntariado
da Universidade da Coruña, María a matriarca das Rañas e membros da familia.
Fotos do fotógrafo de El País, Gabriel Tizón. 30/11/2013
Tres anos e 600.000 € para nada en As Rañas: Xurxo Souto aborda os problemas do chabolismo na Coruña

GALICIA 15/01/2011 - Xurxo Souto aborda os problemas do asentamento chabolista de As Rañas no seu polifacético espazo "Momento Coruñento" da Cadena Ser. (“As historias máis coruñesas e o estoupido artístico das xeracións máis novas da cidade conforman o Momento Coruñento do polifacético Xurxo Souto” - Cadena SER Radio Coruña.)