15.12.13

Eurozone

Nova representación teatral do grupo Chévere no Teatro Colón

Chévere en xira co seu novo traballo para o 2013, un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs (a mítica primeira pelicula de Tarantino), á linguaxe da publicidade, aos casinos online, aos bailes de salón e ao argot económico que asulaga as nosas vidas. Eurozone é unha produción ambiciosa para tempos de crise, unha obra coral con 8 actores e actrices en escena. Un traballo de creación colectiva que se foi artellando desde cero ao longo de dous meses de ensaios. Un proceso que estivo aberto a calquera persoa curiosa a través de Redenasa, onde permanecen visibles os diarios de todo o equipo.

Máis información