15.12.13

Entrega dos primeiros premios de música en galego Martín Códax

Os primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregáronse este venres 13 no transcurso dunha gala que tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, ante máis de 600 persoas. Os gañadores e gañadoras nas 14 categorías foron os seguintes:
  • Pop e indie: Eladio y Los Seres Queridos
  • Rock, blues, funk &soul: NARF
  • Jazz e músicas improvisadas:Abe Rábade Trío
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Dios ke te Crew
  • Música clásica e contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo
  • Folque: Berrogüetto
  • Música tradicional galega: Treixadura
  • Músicas do mundo: Banda Crebinsky
  • Música infantil: Mamá Cabra
  • Electrónica: Das Kapital
  • Metal: Machina
  • Reggae, ska&mestizaxe: Transilvanians
  • Orquestras, grupos e música de verbena: A Magnifique Bande
  • Premio Honorífico: Antonio Cruz Arévalo ‘Peri’
Os gañadores e gañadoras recibiron candanseu 'melómano' labrado en madeira de cedro polo escultor Víctor Lorenzo