4.12.13

A edición de libros en galego caeu un 36% nos gobernos de Feijoo

Un informe do Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura, revela que a edición en galego continúa a descender, acumulando unha caída do 36% dende 2008, último ano completo do goberno bipartito de PSdeG-PSOE e BNG. O sector do libro xera en Galicia uns 190 postos de traballo, pero en 2012 perdéronse un 18,6% dos empregos. En total, 39 postos de traballo menos, acumulando unha caída de 101 traballadores dende 2009.