13.11.13

Coñecendo os insectos e os planetas en galego

Case 10.000 alumnos de 150 centros participan no IV Día da Ciencia en Galego con dúas videoconferencia de Marilar Aleixandre e Jorge Mira

O galego tamén é ciencia, fala de ciencia e respira ciencia. E, por iso, con motivo do IV Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizou unha videoconferencia científica que chegará a 150 centros e case 10.000 alumnos de xeito simultáneo.