9.10.13

Galicia xa deposita nos bancos máis cartos dos que recibe prestados

Os bancos teñen 2.311 millóns máis en depósitos que en créditos en Galicia

A proverbial tendencia ao aforro da poboación galega foi invocada coas máis diversas finalidades ao longo do tempo, xa fose para caracterizar o país como terra de xente previsora ou para defender a necesidade de ter entidades financeiras de seu.