15.6.13

Galicia consegue o .gal

Máis de 12.000 apoios cidadáns. Máis de 110 entidades adheridas. Máis de sete anos de traballo. O alento sostido das principais entidades e institucións galegas. O respaldo decidido da administración autonómica ao longo do tempo. Todo isto foi necesario para que onte a ICANN, organismo que goberna a Rede, aprobase o dominio para a lingua e cultura galegas. O 14 de xuño de 2013 é xa unha data na historia da internet en Galicia. “É unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos”, sinalou hoxe o presidente da asociación puntoGAL, Manuel González.