14.3.12

Obradoiros de creación

Na exposición Marcela e Elisa producida e organizada por NORMAL

Dentro do programa didáctico da exposición Marcela e Elisa, producida por NORMAL, desenvolvéronse diversos obradoiros de video-creación, dirixidos por Antía Otero e Toño Chouza, nos centros CIFP Monte Alto, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Elviña da Coruña.
Durante os mesmos, nun traballo directo co alumnado, empregáronse disciplinas de creación contemporánea como a acción, a performance, a poesía e o vídeo, facendo que os participantes colaborasen en todas as fases do proceso creativo audiovisual: elaboración dun guión, codificación en imaxes, interpretación e grabación.

Como base primeira dende a que traballar tematicamente neste obradoiro, partiuse de conceptos e contidos presentes na propia exposición como o xénero, a igualdade e os roles sociais, xerando un feedback entre estes e os participantes.
Este obradoiro, que forma parte do plano didáctico coordinado e dirixido por CREARTE, remata coa edición do material grabado e a creación dunha peza de videoarte que será entregada a todos os centros participantes.