9.2.12

Mambo: the most revolutionary galician show of the last years!!!

A comedia Mambo, espectáculo de Escena T , estrea  este venres 10 e sábado 11 de febreiro no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30

 


 Sinopse

Manolo e Ramón, fartos dunha insulsa vida no seu país (Galakistán), foxen cara Inglandia idealizada onde esperan atopar unha vida mellor. O seu parecido físico co rei de Inglandia (Floid) e o seu integrante irmán bastardo (Larry) enredaraos nun conflito dinástico polo poder.

A cortesá Paca, namorada de Larry e desexada por Floid, rebelarase contra a utilización que os irmáns fan da sú condición de muller obxecto e mercadoría. A súa rebelíón e loita pola dignidade será a clave para a resolución dos equívocos e conflitos creados entre os catro homes.

Conspiracións, pactos envelenados, batallas con exércitos derramando o seu sangre no frío amencer do Campo de Xibraltar, pobos enteiros megullados no deleite sexual e etílico, raios e poderes máxicos concedios polos deuses, completarán a shakesperiana trama desta comedia na que se demostra que a vida pode ser resumida en apenas tres palabras: Amore, Power e Mambo.