“Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido  falar de imposición do galego no seu territorio". O profesor Monteagudo  foi claro e directo ao referirse á situación actual da lingua galega. “En  realidade ocorre é que hai persoas e estamentos sociais que aspiran a  vivir e desenvolverse en Galicia ignorando a súa lingua".
 No seu discurso 'Facer país co idioma. Sentido da normalización  lingüística', Monteagudo cualificou de "falacia" a imposición do galego e  a contraposición entre "normalización e liberdade lingüística". "É unha  falacia que nace tanto dunha serie de malentendidos da primeira como de  lecturas tendenciosas da segunda", sentenciou.
“A liberdade lingüística é unha condición esencial da  normalización, do mesmo xeito que a normalización é condición esencial  da liberdade lingüística", suliñou ao tempo que destacou que a  normalización "ben entendida" ten como obxectivo establecer "as  condicións do exercicio da liberdade dos falantes".
O novo académico denunciou a “grave crise” que sobre este idioma. “  É un cataclismo que se inscribe noutro moito máis amplo e que está a  dar lugar a un modelo económico, social e cultural que ameaza con  engulir as conquistas de traballadores, vincular á escravitude á maioría  do xénero e esnaquizar definitivamente o patrimonio cultural do que  forma parte inseparable a diversidade lingüística".
