16.2.12

_____Aline Frazao

A lusofonía só ten sentido con Galiza


 "Tens que entender 
Que não há diferença entre nós 
É a mesma essência 
E se a minha liberdade não existe 
A tua é só aparência”. 

Así remata Primeiro mundo, un dos temas de Clave Bantu, o primeiro disco da cantora angolana Aline Frazão. De Luanda -a súa cidade natal-, a Lisboa ou Compostela, pasando polo Brasil ou Cuba, o álbum realiza un percorrido polas sonoridades que a conformaron como artista. Aline participou no 2010 no Cantos na Maré, e xa non deixou Galiza. Hoxe é unha máis do grupo de músicos da lusofonía que botaron raíces na nosa terra. Este xoves 16, ás nove e media da noite, abre no Teatro Principal de Santiago o ciclo Íntimo&Acústico, organizado desde a concellaría de Cultura.