10.12.11

Vencello

Vencello é a primeira rede de blogues temáticos en lingua galega, nada a partir da unión dunha serie de blogues xa creados e doutros novos creados ex profeso, que tentan cubrir un abano amplo de temáticas co punto en común de estar escritos en lingua galega.


Mais Vencello pretende ser ademais un ente impulsor de blogues de novas temáticas, que poña en relación a persoas con intereses comúns que buscan escribir sobre un tema e non poderían ou queren levar un blogue en solitario. Con esta vontade temos en marcha un proxecto de viveiro de blogues, A Incubadora.

Polo de agora, forman parte de Vencello os seguintes blogues:

Cinema Friki
Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series... Novas e críticas para saber que ver e que non ver.


Galiloxía
Galiloxía é un blogue sobre tecnoloxía onde sempre atoparás novas sobre aparellos, chismes e trebellos de todo tipo e clase, dende os máis coñecidos ate os máis inusuais e atrevidos, todo esto sen esquecernos de análises, unboxings e máis.


A Mac-eira
Blogue sobre o mundo Apple onde poderás atopar noticias, vídeos e complementos para os teus aparellos da mazá, dende a gama máis portátil de reproductores pasando polos trebellos do momento e rematando cos grandes da casa, os Mac.


Mallando na e-ira é un blogue con contidos “científicos” e divulgativos, que tentamos explicar da forma máis pedagóxica posible. En Mallando na e-ira falamos desde sobre estruturas de pontes, até sobre a orixe dunha palabra, pasando por lembranzas de aniversarios de feitos históricos ou científicos, ou por todo aquelo que ten que ver coas comunicacións.


Mallando no Android é o blogue no que falamos do sistema operativo de Google. Nel analízanse todo tipo de cuestións relacionadas con Android, como a análise de aplicacións e terminais, consellos de uso e trucos... así como tamén información puntual sobre a actualidade sobre Android e a cobertura dos eventos máis destacados.


Mallando na BlackBerry é o lugar para estar ao día de todo o que se move no mundo BlackBerry. Nel falamos tanto de dispositivos como de aplicacións e trucos que farán moito máis doado a xestión do teu aparello RIM.

A Malla das Telecos é un espazo no que analizamos todo o que ten a ver coas operadoras de telefonía e Internet, tratando de poñer orde e explicar de xeito sinxelo a diversidade de compañías, tarifas, ofertas e promocións, ademais de dar algún que outro consello para tratar de aforrar nas nosas facturas.


O Esparavel de Mallando
O Esparavel de Mallando é un fotoblogue que xurdiu coa idea de amosar nel imaxes curiosas relacionadas principalmente coa construción. Estas imaxes acompañámolas na maioría dos casos dunha descrición que intenta explicar da maneira máis breve e sinxela posíbel o que nos atopamos nela.


Memoria Pixelada
Memoria Pixelada é a primeira web sobre videoxogos integramente en galego na cal analizamos videoxogos, actualizamos as novidades diariamente, realizamos artigos de opinión etc, e todo cun toque de humor que se reflexa máis pronunciadamente nos apartados de "Trangalladas" e "Frikimaxes".
Irémolos descubrindo pouco a pouco.