27.11.11

Entrevista a Valentina Formoso, presidenta da CGENDL en "Galicia confidencial"

'A nosa lingua está á espera de que a axudemos a librar de todo ese lastre negativo que lle foron colgando' 

  Xurxo Salgado entrevista a Valentina Formoso, coordinadora da CGENDL, para Galicia Confidencial:

Hai uns días foi reelixida presidenta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENL) co principal obxectivo de dignificar o uso do galego e extender o seu uso dentro e fora dos centros de ensino. Asegura que o galego está "nunha situación delicada" e pide á sociedade civil que se mobilice na súa defensa. Sobre Galicia Bilingüe asegura que son "fabas contadas" nos centros.
Galicia Confidencial (GC).- Cales son os principais retos da CGENDL? Valentina Formoso (VF).- O principal reto neste momento é o de ilusionar aos equipos para seguir traballando nunhas situacións moi difíciles coma as que estamos a vivir. E esta ilusión ten que ir acompañada dun novo discurso arredor da promoción do galego, promoción ligada a unha imaxe en positivo da mesma que poidamos estender en todos os centros de ensino, e que poidamos tamén enviar ao resto da sociedade.
Ademais diso queremos manter a nosa pluralidade, algo que nos define. Tamén nos imos esforzar en seguirmos  sumando vontades e  en fomentar o traballo en equipo, para así superar o minifundismo propio deste noso país, minifundismo que tamén lle afecta tamén ao ámbito normalizador. Outros retos que temos pasan por adaptar o traballo normalizador dos equipos á nova etapa que se está a vivir nos centros e mais aos diferentes contextos existentes na sociedade.

 Ler a entrevista completa en "Galicia confidencial"