27.6.11

Ante expertos do Consello de Europa


ProLingua falará sobre a situación do galego 

ProLingua foi convidada a participar en Madrid nun encontro oficial con representantes do Comité de Expertos do Consello de Europa da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias para explicar a situación actual da lingua galega.
En representación de ProLingua asistirá ao encontro o próximo día 6 de xullo o noso compañeiro Quique Costas. Acudirán tamén A Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.