And the Can de Pedra goes to...
Alá foi o VIII Festival de Cans: longametraxes de postín, concertos (de novo) ata nos galiñeiros, coloquios con algúns dos mellores cineastas daquí e dacolá e unha manchea de excelentes curtas. Catro días de intensa actividade que nos deixaron recordos suficientes para alimentarnos nos próximos meses, mentres contamos as semanas, os días, as horas que faltan para que volte o agroglamour.
Este foi o ano no que ampliamos o aforo das salas, o ano no que os veciños de Cans e o alumnado da Universidade de Vigo fixeron que o Can Campus fose un éxito, o ano da consolidación do Jaliñeiro Unplugged, o ano dos concertos máis rockeiros e o ano dos coloquios máis multitudinarios e participativos. E este foi, sobre todo, o ano de María Pujalte, Xacio Baño, Javier Veiga, Celso Bugallo, Vicente de Souza... e o resto dos gañadores da oitava edición do Festival de Cans. Son os seguintes:
Premio de Honra Pedigree´11: María Pujalte.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Estereoscopía, de Xacio Baño.
Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: De que se ríen las hienas, de Javier Veiga.
Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: El Grifo, de Denis Rovira Van Boekholt.
Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Vicenta, de Sam.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Birdboy, de Pedro Rivero e Alberto Vázquez.
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: ex aequo a Celso Bugallo, por El Grifo, e Vicente de Souza por Estereoscopía.
Premio do xurado á mellor interpretatición feminina: Toni Acosta, por De que se ríen las hienas.
Premio do xurado ao mellor guión: Javier Veiga, por De que ser ríen las hienas.
Premio do xurado ao mellor videoclip: “Dos semanas”, de Misterioso Viaje a Holanda, realizado por Juan Pablo Etcheberry
Premio do público ao mellor videoclip: “La marcha de las hormigas” de El Cubo, realizado por Andrés Montenegro e Belén Mendaña.
