O Centro Cívico Municipal dos Mallos organiza un maratón de lectura en galego dedicado a Lois Pereiro
Participa, le un minuto un texto en galego do teu autor ou autora favorita, ou dun texto de creación literaria propia.
Para inscribirse antes do 11 de abril no Centro Cívico Muncipal dos Mallos, Avda. de Arteixo, 147. Ás persoas interesadas facilitaráselles quenda de lectura.
A celebración será o 11 de maio ás 17 horas. No salón do Centro Cívico.
Máis información: tfno. 981 184 368 ou ccosmallos@coruna.es
