Dende o vindeiro 7 de febreiro, os produtos lácteos galegos de calidade superior estarán marcados cun selo, Galega 100%, que servirá para recoñecer nos supermercados e tendas da comunidade a súa excelencia e asegurar así que están elaborados con materias primas galegas. Unha boa medida.
A Xunta de Galicia promociona esta nova marca cun lema, Galega 100%. Marca a diferencia, que contén un erro ortográfico que está enchendo varios xornais onde se incorpora o anuncio que aposta por un leite galego. Diferencia é en realidade diferenza, ao igual que pertenza ou querenza.
Aínda así aplaudimos o contido da campaña, para un sector que ten moitísima necesidade de promoción como é o sector lácteo galego.
