- ACHEGARTE 2011 para gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, chea de vitalidade, que nos fai sentir que somos unha potencia, que somos un país con moito talento. Será unha festa coral feita co entusiasmo e o traballo de moitas persoas, compañías, grupos...
- ACHEGARTE 2011 será o espazo para mimar a cultura galega, para visibilizala, para gozar das súas variadas manifestacións.
- ACHEGARTE 2011 é sobre todo un espazo aberto a todo público -aínda que preferentemente a público familiar- para dar a coñecer a cultura que facemos no noso país en todos os ámbitos: a literatura, a música galega nos seus distintos estilos, a danza, o teatro, a ilustración, a maxia, o audiovisual ou as novas tecnoloxías.

As liñas estratéxicas marcadas son:
• Maior protagonismo ao ámbito da creación e dos creadores.
• Incorporación da cultura de base, a cultura amadora e a sociocultura.
• Contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos.
• Procura da conexión cos cidadáns e públicos.

Para desenvolvelas levaranse a cabo tres ámbitos de actuación: CREADORES, CULTURA DE BASE e CIDADANÍA, coas seguintes liñas de traballo:
• DIFUNDIR produtos culturais, dar a coñecer ideas, iniciativas e proxectos de interese, axudar a visibilizar os nosos creadores.
• CONECTAR experiencias, interrelacionar artistas e proxectos, relacionar creadores e públicos.
• DEBATER sobre a realidade actual e os camiños de futuro da cultura galega, obter conclusións dos debates e poñelas de manifesto.

Deixamos xa a disposición de todas e todos o dossier de ACHEGARTE 2011: Achegarte 2011.