28.2.11

O concello da Coruña non fai uso da toponimia, desta vez nas paradas dos buses

A Mesa pola Normalización Lingüística advirte que non se usa o galego nas novas sinalizacións para o autobús urbano.



 "Tan ilegal é La Coruña como Las Jubias ou La Zapateira", recórdalle ao Concello

O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña cuestiona que o Concello “desaproveite a oportunidade” de introducir o galego nas novas sinalizacións do transporte urbano que se están a instalar en diferentes puntos da cidade, así como de “pór en valor e recuperar as denominacións oficiais” de diferentes zonas e barrios da cidade. Máis información Xornal de Galicia 26/02/2011: preme aquí