26.2.11

EXPOSICIÓN EN PALEXCO SOBRE A "GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL"

Cando o barrio de Elviña foi unha granxa agrícola










Do xoves 24 de febreiro ao domingo 27 de marzo
Sala Municipal de Exposicións do Palexco
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.
O xoves 24 de febreiro, ás 20:30 horas, inaugúrase a exposición "A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)", promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira. Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a "festa da árbore". Máis información neste arquivo .pdf: A Granxa Agricola Experimental de Galicia.