25.1.11
O ILG traballará durante tres anos na gramática para a Real Academia Galega
O Instituto da Lingua Galega (ILG) elaborará nos próximos tres anos a gramática do galego para a Real Academia Galega (RAG), grazas a un convenio asinado polo a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a propia Academia. “Vai ser a primeira gramática académica coa que contemos. Con este proxecto cubriremos unha carencia que tiñamos até agora”, sinalou o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín. Deste xeito, será o ILG o encargado de dotar á lingua dunha ferramenta necesaria. “Será a gramática institucional e de referencia da Real Academia. Traballamos nela un grupo de investigadores e logo será o plenario da RAG quen deba aprobala”, explicou a académica Rosario Álvarez, directora do ILG.
Ampliación da noticia no Xornal de Galicia