19.12.10
Feliz NADAL 2.O.
0 vídeo comeza cunha procura en Google que amosa nun mapa a localización de Xerusalén. A anunciación do arcanxo San Gabriel chega a través dunha mensaxe ao iPhone da Virxen María, que non tarda en informar ao seu home, Xosé O Carpinteiro', por medio de Gmail: "Xosé, temos que falar. Estou embarazada...". Os dous poñen rumo a Belén, mais... cómo chegar e en qué medio de transporte? Para iso, nada mellor que Google Maps e buscar un 'vehículo' nun 'rent a car'. A boa nova non tarda en chegar a Facebook. San Xosé convida a todos a coñecer ao Fillo de Deus a través desta rede social. Centos de cristiáns responden á chamada cun ' Gústame'. A noticia chega aos oídos dos tres Reis Magos, que se intercambian mensaxes desde Twitter para ver que lle compran ao neno. Ao final decídense pola tenda online Amazon. Para chegar a Belén necesitan seguir ('Follow') a Estrela de Belén. Por último, Baltasar colga o vídeo da visita das Súas Maxestades ao portal en Youtube.
>